Poza - Especie de encoro pequeno e pouco fondo., Fisga - Arte de pesca similar ao arpón, pero de forma e número de dentes variable segundo as zonas e as variedades de peixes ou moluscos que se pretendan capturar., Ponte - Construción que se fai sobre os ríos, foxos etc., para unir os dous lados e poder así atravesalos., Fonte - Lugar onde mana auga, que pode proceder dunha corrente subterránea natural ou ser conducida artificialmente., Pesqueira - Dique ou presa construídos no curso dun río, desde onde se pesca ou coa que se desvía a auga para poder pescar., Estacada - Arte de pesca utilizada nos ríos, formada por un cerco de rede suxeito a unhas estacas cravadas no fondo., Río - Curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago ou noutro río., Lamprea - Peixe da familia dos petromizóntidos que vive parte da súa vida no mar e parte no río, Muíño - Edificio onde está instalado un aparello para moer ou para triturar certos produtos, como cereais, olivas,, Levada - Corrente de auga que discorre por un leito artificial de pequenas dimensións, utilizada para regar, impulsar o mecanismo do muíño etc., Lavadoiro - Lugar ou pía onde se lava a roupa., Cántaro - Recipiente, xeralmente de barro, de barriga moi grande, co fondo e a parte superior estreita, para transportar ou conter auga,, Pozo - Escavación fonda e estreita que se fai no chan para atopar auga e que serve tamén de depósito para ela., Caldeiro - Recipiente con aro, cilíndrico ou máis ancho pola boca ca polo fondo e de distintos materiais, como metal ou plástico, que se usa para conter ou transportar líquidos,, Pía - Recipiente cóncavo de pedra para conter líquidos.,

Tabla de clasificación

Estilo visual

Opciones

Cambiar plantilla

¿Restaurar actividad almacenada automáticamente: ?