1) Quenes son os científicos? a) Son as persoas que se fan preguntas sempre b) Son as persoas que lles gusta facer experimentos c) Son as persoas que buscan respostas ás preguntas usando o método científico. 2) Que é o método científico? a) Son pasos que imos dando durante a nosa vida b) É un conxunto de pasos ordenados que nos axuda a encontrar explicacións fiables ás nosas preguntas. c) Son as respostas as nosas preguntas 3) Cales son todos os pasos do método científico? a) Observamos e facémonos preguntas, investigamos, propoñemos unha hipótese, experimentamos, concluimos e compartimos. b) Facemos unha hipótese, observamos e concluimos c) Facemonos preguntas, propoñemos unha hipótese e compartimos a nosa resposta. 4) Que tipo de preguntas non se poden contestar co método científico? a) as preguntas sobre o tempo meteorolóxico. b) preguntas relacionadas cos gustos das persoas. c) as preguntas relacionadas cos seres vivos. 5) Cales son as fontes de información científica? a) Soamente os libros científicos. b) documentais, enciclopedias, guías, podcast, libros e revistas de ciencias.  c) Unicamente as páxinas web que atopemos en internet. 6) Que é unha hipótese? a) é unha posible resposta a unha pregunta científica b) é unh posible pregunta científica. c) é un documento científico. 7) Que podemos facer para comprobar unha hipótese? a) podemos facer experimentos b) podemos ir ao campo c) podemos facer experimentos no laboratorio ou observacións no campo 8) Que son os datos? a) son as informacións que obtemos observando ou experimentando b) son as preguntas que nos facemos. c) son os cálculos. 9) Que tipos de datos hai? a) os que estan escritos nos libros. b) os numéricos e os rexistros audiovisuais. c) datos numéricos, observacións e rexistros audiovisuais. 10) Que instrumentos empregamos para obter os distintos tipos de datos? a) agulla, fío e tesoiras b) termómetro, lupa, microscopio, gravadora,... c) lápis e caderno 11) Que é unha conclusión? a) é todo o que estudamos de natu. b) é unha explicación dos datos que obtivemos. c) é unha pregunta que nos facemos antes de empregar o método científico. 12) que facemos se a nosa conclusión é correcta? a) comunicamos os resultados da nosa investigación. b) volvemos a empezar un novo experimento. c) non llo contamos a ninguén. 13) Que significa difundir a nosa conclusión? a) é dar a coñecer todas as nosas preocupacións. b) é dar a coñecer a todo o mundo os nosos resultados e conclusións. c) é decir na televisión que estamos facendo experiementos científicos. 14) Que empregamos para resolver problema complexos? a) o pensamento neuronal. b) o pensamento sentimental. c) o pensamento computacional. 15) Cales son as técnicas máis empregadas co pensamento computacional? a) descompoñer, codificar e recoñecer patróns. b) descompoñer, abstraer e codificar. c) descompoñer, abstraer, codificar, recoñecer patróns, crear algoritmos e comprobar.

Tabla de clasificación

Estilo visual

Opciones

Cambiar plantilla

¿Restaurar actividad almacenada automáticamente: ?