GARFO - Utensilio con tres ou catro pugas nun extremo, para levar alimentos sólidos á boca, COITELO - Instrumento que consta dunha folla de metal con fío por un dos lados e unida a un mango, que se usa para cortar diferentes cousas., CULLER - Utensilio que consta dun mango longo e unha pa oval no extremo, usado para levar á boca líquidos ou substancias pouco consistentes., TIXOLA - Utensilio de cociña metálico, de forma redonda, pouco fondo e con mango longo, no que se friten os alimentos., TESOIRA - Instrumento para cortar que está constituído por dúas pezas cun só gume, unidas en forma de aspa por un eixe, arredor do cal xiran ao seren accionadas., BATEDEIRA - Utensilio para bater algo, ESCUMADEIRA - Utensilio de cociña en forma de culler grande e plana con buratos, que se utiliza na cociña para escorrer os alimentos ao servilos, sacarlle a escuma ao caldo ou a calquera outro líquido etc., SACARROLLAS - Utensilio consistente nunha espiral metálica rematada en punta, unida a un mango ou a unha panca, que se emprega para sacar as rollas das botellas., POTA - Recipiente de metal ou de barro en forma de cilindro, con tampa, que se usa para facer a comida, TARTEIRA - pota baixa de barro ou metal e con dúas asas, RELADOR - Instrumento que se emprega dividir en anacos máis pequenos ata facelos pó,

ANAGRAMAS UTENSILIOS DE COCIÑA

Lestvica vodilnih

Vizualni slog

Možnosti

Preklopi predlogo

Obnovi samodejno shranjeno: ?