1) As persoas que traballan deben ter un soldo suficiente para poder vivir ben. a) Non é necesario, pódese vivir ben sen ter un soldo. b) Si. Ter un soldo xusto permitelle ás persoas comer e que os seus fillos e fillas poidan ir á escola. c) Depende do traballo que fagan. 2) As persoas agricultoras deben ter información sobre os produtos que venden. a) Non, só teñen que cultivalos e xa está. b) Non fai falta, só fai falta que lles paguen ben. c) Si. Deberían poder decidir a quen llo venden e a que prezo. 3) É xusto que as persoas que lle compran os produtos aos agricultores os vendan logo a un prezo moito máis alto. a) Non é xusto. Os produtos teñen que venderse a un prezo xusto. b) Está ben que os compradores gañen moito diñeiro co traballo dos campesiños. c) É igual canto gañen uns ou outros, o que importa e que a nós non nos saia moi caro. 4) Os campesiños teñen dereito a poñerlle prezo aos produtos que venden. a) Non, o prezo pono quen o compra. b) Si, pero só os homes. As mulleres non. c) Si. Os campesiños deben decidir sobre o prezo que teñen os seus produtos. 5) Está ben que os nenos e as nenas traballen para gañar diñeiro noutros países. a) Si, para axudar ás súas familias. b) Non. Os nenos e as nenas teñen que ir á escola. 6) As mulleres e os homes que fan un mesmo traballo deberían gañar o mesmo diñeiro. a) As mulleres terían que gañar máis. b) Os homes terían que gañar máis. c) Si. Homes e mulleres teñen que gañar o mesmo se fan o mesmo. 7) Os agricultores doutros países poden traballar moitas horas, dende a mañá ata a noite. a) Si, porque non teñen máis cousas que facer. b) Non. Os agricultores teñen que ter tempo para estar coas súas familias e descansar. c) Si, porque son máis pobres. 8) Está mal axudar aos agricultores a que melloren o seu xeito de cultivar. a) Si, que aprendan pola súa conta. b) Non está mal, está ben. Cando non sabemos algo nós tamén podemos axudarnos entre nós. 9) Está ben dar a coñecer o Comercio Xusto. a) Da igual que non se coñeza. b) Si que está ben. Todo o mundo (agricultores, consumidores...) debería saber o que é. c) Non o sei. 10) Para ter cultivos, podemos usar produtos químicos para que os bichos non coman as plantas, ainda sabendo que son malos para outros seres vivos. a) Si, porque senón non teremos cultivos. b) Non, porque fan dano a outros seres vivos e danan o medio ambiente
0%
Comercio Xusto
共用
共用
共用
由
Eloisanroman
Primaria
Valores éticos / Religión
Valores
Ciencias Sociales
編輯內容
列印
嵌入
更多
作業
排行榜
顯示更多
顯示更少
此排行榜當前是私有的。單擊
共用
使其公開。
資源擁有者已禁用此排行榜。
此排行榜被禁用,因為您的選項與資源擁有者不同。
還原選項
問答遊戲
是一個開放式範本。它不會為排行榜生成分數。
需要登錄
視覺風格
字體
需要訂閱
選項
切換範本
顯示所有
播放活動時將顯示更多格式。
打開結果
複製連結
QR 代碼
刪除
恢復自動保存:
?